Ramón Aragüés Peleato

O embigo de Xanecas / Ramón Aragüés Peleato - Francesca Chessa - 1ª edición - Pontevedra : OQO , maio 2023 - 32 pax. : il. cor ; 24 x 25,5 cms

Xanecas tiña catro anos, e coma todos os nenos a esa idade, era moi curioso. O que máis lle gustaba no mundo era explorar, e case cada día facía un novo descubrimento.

Seu pai refregáballe as orellas, os xeonllos, os cóbados… Para apurar máis, Xanecas fregábase tamén co xabón. De súpeto, afundíuselle o dedo nun burato da barriga. Que pasara?

Tan intrigado quedou que desde aquela sempre estaba a preguntar: E por que teño embigo?

A cousa é que Xanecas está nunha das etapas máis divertidas da infancia: a das preguntas. Por iso quere saber o porqué de todo, e interroga a papá, á irmá máis vella, ao avó…

Aproveitando a inocencia do pequeno, cada quen irá inventando unha trola sobre o estraño buraco. Finalmente, a nai desvela a verdadeira razón da existencia do embigo, e, de paso, un dos grandes misterios da vida.

1º-2º Primaria 4º-5º-6º Educación Infantil

9788498717020


embigo
autocoñecemento

82-N

Coa tecnoloxía Koha